Friday, August 18, 2017

Postcards in Photography: "Postais dende a nenez"

De seguro coñecedes o emblemático café Airas Nunes, emprazado en pleno corazón de Compostela, nun edificio restaurado do século XVIII, luminoso, cálido, cun permanente recendo a chuvia e torta de chocolate. 

Non deixedes de visitalo este mes, pois ten un engado especial: unha colección de inspiradoras fotografías que forman parte dun proxecto desenvolvido polo alumnado de fotografía do curso "Aprendendo a mirar" realizado en 2016 en Eco Escola de Arte.

Déixovos o texto de Fuco Reyes que acompaña as fotografías e un par de mostras. 


"Postais dende a nenez"

Aínda somos nenos, sen dúbida. Se miramos cara atrás e tentamos lembrar como foi nosa infância, decantáramos de que todo o que nos sucedeu cando éramos pequenos determina, dalgunha maneira quen somos agora. Esa mirada ao pasado está determinada polos nosos recordos: unha memoria da que moitas veces xa non podemos fiarnos porque non podemos estar demasiado seguros de se son recordos construídos ou reais. En realidade, non hai moita diferenza. 

Estas fotografías son miradas persoais á infancia. Mensaxes do pasado creadas no presente e que tamén serán parte do noso futuro.




Fonte: https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRZy-0HB3IVm9gbzxa99_9k8NfEZK911yo-TibLfpQ4QY1XTtWACuRGCdjsspKWJOF04hJVj_osRw7l-yipnHan3KlKe1zZnx6xXOQQOQYL6-iV5o1jlAvnNe4EjpqsGkYxa4SBkCURA-F/s1600/Airas+Nunes,+Desayuna+Galicia+(1).JPG

No comments:

Post a Comment