Sunday, May 8, 2016

From Hand to Heart: As mans na fotografía de Chema Madoz

Do 14 de marzo ao 24 de xuño de 2012 houbo unha exposición das fotografías de Chema Madoz (1958), "Ars transitoria" no Auditorio de Galicia en Santiago. Nesta mostra había 70 fotografías ou poesías visuais onde xogaba co que el denomina "trampantojo", unha trampa ou serie de trampas para os ollos de de xeito que queremos ser enganados ao crer que o que vemos é "verdadeiro" e máis cando hai unha fotografía que o reproduce e dá fe da súa verdade.

Madoz respecta as convencións da "natureza morta" para fotografiar obxectos que encerran unha vida ou sentimentos que pertencen ao ámbito humano, o cal de por si xa é un gran paradoxo. Por outra banda, ao cultivar eses paradoxos cun humor exquisito, inventa e pon a punto un mundo delicado, que se burla sen acritude da nosa credulidade na fotografía.

Invítovos a entrar no universo de xogo de Madoz, a través desta primera entrada con fotografías de mans. Veremos se despois queredes saír del.










No comments:

Post a Comment