Wednesday, September 6, 2017

Words in Poems: Ismael Ramos (II)



Aos rapaces da montaña ensináronnos a estar sós.
Miñas primas son louras porque estiveron soas, na
montaña. Miña tía está enferma porque estivo soa, 
na montaña. Miña nai di que non está enferma porque 
case non hai ninguén que a mire e diga: "estás enferma". 
Ensináronnos a estar sós. Queres que che explique as
palabras da despedida? Realmente non son palabras, son
nomes. Coma ti. Poñémoslles os nomes dos nosos mortos
aos nosos filhos para que morran. Esa é a despedida.
Aos rapaces da montaña ensináronnos a estar sós. E a 
xogar co vento. Se oes voces estás tolo. Se é inverno estás
tolo e quedas na casa.
A montaña está enferma. Non me toques. Eu sei a que
recende o sangue. Ordeno letras ata atopar os nomes da 
despedida. Mentres a noite medra fóra.

1 comment:

  1. Diana , Fermoso Poema de ismael Ramos, gustame por que ten unhas palavras ben escollidas , " Aos rapaces da montaña ensináronnos a estar sós" se pode estar so , pero Non por moito tempo , pois o ser humano ten por natureza " Socilalizarse " ainda que sexa cos animais ,se ti lees Humanistica e Bioloxia, vas ver que a historia da humanidade , esta chea de boas persoas que fixeron moitas cousas e inventos grazas a boas " Compañias ".
    Vou deixarte unha escrito da Rosalia de Castro , por que se que che gusta .
    " Se inxenua e leal sempre , perdoa a quen te ofenda , fai ben decote a amigos i enemigos , i a porta franca , sin temor , espera n ´ hai mais que un Dios i unha moral que salve os tristes fillos de Eva.....
    Espero que o poidas comprender que che guste moito, grazas , gracias a toda persona que lo lea y pueda comprenderlo .
    Vargus Rama.

    ReplyDelete