Saturday, June 4, 2016

Postcard Exhibition in Pobra do Caramiñal

Como sabedes por esta anotación anterior, como marco do Primeiro Encontro Internacional de Postcrossing Galego (16 de abril de 2016), Luís Teira e máis eu preparamos unha pequena mostra con postais das nosas coleccións persoais que se expuxo na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira do 11 ao 23 de abril.

E agora, grazas ao interese que tamén se amolou desde a Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, aló quedan por un tempo as nosas postais. Ademais da exposición, que se poderá visitar todo o mes de xuño no horario de apertura (luns a venres de 10:00-13:30 e de 16:00-20:00), está previsto un obradoiro de Postcrossing que impartiremos Luís e eu o día 20 de xuño ás 18:00. 

Exquisita fotografía de Gabriel Martís 





A biblioteca é o edificio que vedes á man esquerda (2ª andar)

Gustaríame desde aquí agradecer á Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí, e en especial ao seu fantástico bibliotecario, José Carlos, a súa gran profesionalidade e atención persoal. Xa varias persoas me tiñan louvado estas calidades del, pero efectivamente podo comprobar que é así. José Carlos é en gran parte responsable de que a mesiña teña esta apariencia. 


Fun un día e comenteille que me interesaba todo o relacionado coas cartas e a seguinte vez que fun tíñame un feixe de libros apartados relacionados co tema e que vos irei presentando ao seu tempo na bitácora.

Ademais, non só deu a benvida á exposición de postais senón que se encargou de facilitarnos as cousas, encargar un cartel e publicitar tanto a exposición como o obradoiro, como vedes na captura do perfil do Facebook.




Moitas grazas, José Carlos, polo teu entusiasmo e apoio!


2 comments:

  1. You seem to be really font of post cards..and glad to know your place as a whole seems to love it

    ReplyDelete
    Replies
    1. I am indeed, deeps. And hope people in our area will grow to love them too, that's what this exhibition and even this blog aim at. Would you like to receive a card from us? Just send me an e-mail with your address (dpastoriza@eoisantiago.org). Thanks for your comments, always.

      Delete